A Factoría

A Factoría é un dos nomes cos que se coñecen popularmente os estaleiros en Ferrol, corazón do espírito colectivo, rebelde e obreiro da comarca. Tamén o espazo formativo de Rexenerando, dendo o que contribuír á construción colectiva de relacións humanas máis xustas e integrar nas nosas prácticas diarias a revolución que supón aprender a traballar mellor en grupo.

Curso Medio Facilitación de Grupos

Curso Medio de Facilicitación de Grupos

Nova edición do “Curso Medio de Facilitación de Grupos. Ferramentas e habilidades para a xestión de colectivos”, acreditado polo Instituto de Facilitación e Cambio (IIFACe)

Dirixido a aquelas persoas que cursaran o Curso Básico de Facilitación e Xestión de Grupos (120h), dando así continuidade ao currículo definido polo IIFACe como un proceso de tres anos. A través da experimentación co propio grupo, as persoas participantes terán a oportunidade de co-facilitar con supervisión das formadoras do curso, identificando os seus estilos persoais e puntos fortes e aquelas dimensións nas que seguir a traballar para ocupar con maior consciencia e solvencia o rol de facilitadora.

  • Datas: novembro 2025 – xuño 2026

  • Lugar: Santiago de Compostela

Outros cursos

Formacións primavera – verán 2025

Formación para primavera-verán. Enfoques, contidos e formadoras diversas, pero todas encamiñadas á construción de relacións máis xustas e igualitarias, integrando nas nosas prácticas diarias a revolución que supón aprender a traballar mellor en grupo.

Curso Básico de Facilicitación de Grupos

IX edición do “Curso Básico de Facilitación de Grupos. Ferramentas e habilidades para a xestión de colectivos”, acreditado polo Instituto de Facilitación e Cambio (IIFACe)

Resolución de conflitos

Seminario de 15h de duración acreditado polo IIFAC-e, celebrado en Vedra no 2024 e con César Fernández como formador. Un espazo formativo no que adquirir ferramentas para intervir no conflito a nivel individual, relacional e grupal.

Curso Medio de Facilicitación de Grupos

Formación de 120 horas acreditada polo IIFAC-e, celebrada en Santiago de Compostela no 2022. Con Anna Pujol e César Fernández na coordinación e docencia. Dá continuidade ao Curso Básico, e o seu obxectivo é ofrecer un espazo no que afondar nas técnicas e ferramentas da facilitación.

Ei ti, sé ti!

Seminario de 30 horas, celebrado en Santiago de Compostela no 2019, con Anna Pujol e César Fernández na docencia. Un espazo vivencial no que afondar na identidade persoal ao servizo do colectivo.

Do conflito ao soño

Seminario de 30 horas dirixido especificamente a docentes, celebrado en Santiago de Compostela no 2019, con Anna Pujol e Lucía Suanzes na docencia. Un espazo onde compartir ferramentas para xestionar os desafíos que as profesionais da educación afrontan dentro e fóra da aula.