logo
Duis autem vel eum iriure dolor in hendrerit in vulputate velit esse molestie consequat, vel illum dolore eu feugiat.
 

A calor que nos conforta

Home / Educación  / A calor que nos conforta

Nos últimos anos o verán en Rexenerando é ese momento no que arrombamos os materiais e imos cara algún punto da xeografía de Valdoviño a crear comunidade coas crianzas desas terras.

É un espazo no que nos volcamos e que nos nutre moito pois sentimos que son necesarios todos os esforzos posibles para crear entornos seguros e significativos para nenas e nenos.

É un espazo tamén que desborda creatividade boa mostra é Pantín Miúdo, un fanzine resultado do traballo colectivo e no que se recolle boa parte dos saberes, lugares e persoas que foron descubrindo ao longo da travesía polas terras da parroquia de Pantín.

E cada ano tamén seguimos a facer esforzos por blindar tempos para o descanso, collendo uns días de vacacións neste mundo frenético para rexenerarnos nós tamén, convencidas de que integrar o autocoidado é fundamental para soster o resto do mundo.