A ameixa Tareixa volve en setembro co programa Ondas de ilusión

Se durante o verán lle demos un descanso, en setembro volvemos chamar á Ameixa Tareixa para que visite con nós algunhas escolas da comarca ártabra da man de Ondas de ilusión, un proxecto impulsado polo GALP Golfo Ártabro Norte e desenvolvido por Rexenerando.

A súa misión é achegar a infancia á cultura mariñeira, á riqueza dos recursos naturais e ás artes e tradicións pesqueiras da súa contorna,

Ondas de ilusión ten o obxectivo de dar a coñecer nas escolas os valores do litoral da súa comarca. A súa misión é achegar a infancia á cultura mariñeira, á riqueza dos recursos naturais e ás artes e tradicións pesqueiras da súa contorna, xerando unha relación de respecto co medio mariño na que os nenos e nenas entenden o seu papel no equilibrio ambiental.

Centros dos concellos de Ares, Cabanas, Fene, Ferrol, Miño, Mugardos, Narón, Neda, Paderne e Pontedeume gozarán nos meses de setembro e outubro da visita de Tareixa e as súas amigas. Podedes seguir as súas aventuras na súa web.


ondasdeilusion.es