O sábado 7 de outubro terá lugar no Museo de Arte Contemporánea de Vigo o Seminario Comúns e Cultura, un encontro no que se procurara contribuír a pensar os comúns, como realidades que permiten redefinir conceptos como “comunidade” e “cidadanía”, así como a propia noción de “cultura” e as prácticas que se lle asocian.

O Seminario é organizado polo Proxecto Derriba, colectivo de pensamento contemporáneo e enmarcase dentro do #salóndoMARCO, proxecto dirixido por Fran Quiroga que pretende establecer unha nova infraestrutura no museo que facilite a mediación coa cidadanía e o propio espazo expositivo.

Aquí tedes o programa composto por voces diversas que seguro achegaran perspectivas e experiencias ben interesantes para repensarmos a cultura e os comúns

Desde Rexenerando estamos moi contentas de poder aportar a nosa achega facilitando un espazo de indagación que posibilite activar a intelixencia colectiva. O obxectivo é aterrar os conceptos teóricos, explorar como construír institucións e entidades que atendan aos bens comúns e posibilitar experiencias que nos axuden a integrar estas prácticas no cotiá.

O Seminario é aberto e gratuíto e pretende converterse nun espazo de referencia no debate en torno aos comúns, coa participación de persoas relacionadas coa academia, os activismos e os propios facedores dos comúns. Para máis información pódese acceder a esta ligazón: http://www.marcovigo.com/content/programa-do-seminario-com-ns-e-cultura.