logo
Duis autem vel eum iriure dolor in hendrerit in vulputate velit esse molestie consequat, vel illum dolore eu feugiat.

Van aló máis de tres anos desde a nosa constitución como cooperativa e o comezo da nosa actividade. Tres anos de moitos esforzos, de retos, e tres anos tamén de logros e vivencias ben nutritivas.

O soño de rexenerar as nosas vidas e os nosos empregos a través do traballo cooperativo prendeu e medra forte. Hoxe querémosllo agradecer a quen nos apoiou desde os inicios achegando un financiamento fundamental para soster os primeiros pasos deste proxecto: á cooperativa de servizos financeiros Coop57 e ás persoas que co seu aval o fixeron posible. Obrigadas de corazón!

Hoxe celebramos que puidemos devolver ese préstamo, que continuamos a dar pasos firmes, e que esta entidade, da que formamos parte, poida seguir a apoiar outras iniciativas de economía social que, como a nosa, procuran outra economía e outros modelos de gobernanza.

Outros artigos