Sabes o que é a facilitación?

A facilitación de grupos é un conxunto de ferramentas, técnicas e habilidades que contribúen a crear condicións nas que desenvolver mellores procesos grupais e persoais, non só para conseguir obxectivos concretos senón tamén para crear un ambiente de confianza e comunicación fluída e empática.

A formación en facilitación cambiou o nosos xeito de ser e estar no mundo e nos grupos e integrámola como eixo fundamental do noso traballo. Por iso estamos felices de anunciar que este outono-inverno chega a Rexenerando cargadiño de propostas para achegar a facilitación ao mundo.

A partir do mes de novembro traemos tres propostas, con diferentes obxectivos e dirixidas a diferentes perfís. Bota un ollo a ver cal che encaixa.