logo
Duis autem vel eum iriure dolor in hendrerit in vulputate velit esse molestie consequat, vel illum dolore eu feugiat.

Os roteiros, ademais de dar conta dos acontecementos históricos das Irmandades da Fala e mais dun século de historia obreira ferrolá, tiñan o obxectivo de dignificar a memoria da cidade

Durante catro anos percorremos as rúas de Ferrol cos roteiros ‘Ferrol coas Irmandades da Fala’ e mais ‘Ferrol Rebelde’. Os roteiros, ademais de dar conta dos acontecementos históricos das Irmandades da Fala e mais dun século de historia obreira ferrolá, tiñan o obxectivo de dignificar a memoria da cidade e reivindicar a súa achega á cultura galega e a relevancia que tivo a nivel galego e estatal o seu movemento obreiro entre 1871 e 1972.

Nos meses de setembro e outubro celebraranse os últimos roteiros, cos pases especiais para institutos de secundaria da cidade. Pero o percorrido do proxecto Ferrol Rebelde, impulsado polo Concello de Ferrol, non remata aquí, senón que se prolongará coa celebración dun evento cultural de peche no Teatro Jofre o 15 de novembro. Esa celebración será tamén o escenario para a presentación dunha curta documental que dará conta deses cen anos de obreirismo, un paseo polos lugares emblemáticos da loita obreira, os seus principais fitos e mais os seus protagonistas. Estades convidadas!

Outros artigos