logo
Duis autem vel eum iriure dolor in hendrerit in vulputate velit esse molestie consequat, vel illum dolore eu feugiat.

Comezamos outra colaboración ferrolá coa Lea Librería Café, xunto con quen organizamos un obradoiro de escrita creativa, dirixido especialmente a mulleres que queiran indagar en si propias e o mundo que as rodea a través da palabra.

Escribímonos é un obradoiro de indagación creativa para mulleres. Podemos poñernos diante do papel como se fose un espello. Como se fose unha panomárica. Como se fose un microscopio. Que é o que vemos nel? Iso, precisamente, é o que imos escribir.

 

Horario:
Mércores de 19.30h. a 21h.
Do 24 de outubro ao 19 de decembro.

 

Impartido:
Lara Dopazo Ruibal
Poeta e xornalista

 

Máis información ou inscricións:
info@rexenerando.com
698 157 414

Empezamos o 24 de outubro!