No Xapón, cando remata un ano, as familias botan tres días na casa poñendo orde e limpando. Reubicando o que xa non serve, e facéndolle sitio ao novo.

Nas cooperativas, as empresas, e os colectivos en xeral, precisamos tamén eses momentos para avaliar, limpar as emocións, ordenar as ideas, proxectar camiños. En Rexenerando sabemos o difícil e importante que é tomarnos ese tempo, así que vos ofrecemos acompañamento en facilitación de grupos para comezar o ano con calidade.

Consultade no noso catálogo as ofertas para xaneiro e febreiro, e para entidades de economía social, e preguntádenos sen compromiso.

 

Catálogo