logo
  • quen somos
  • que facemos
  • Proxectos
  • formación
  • recursos
  • novas
  • contacto
logo
  • quen somos
  • que facemos
  • Proxectos
  • formación
  • recursos
  • novas
  • contacto
mobile logo
  • quen somos
  • que facemos
  • Proxectos
  • formación
  • recursos
  • novas
  • contacto
Posted on Marzo 21, 2019
All, Facilicitación, formación, Novas, Participación

Foros abertos: acollendo a diversidade

 

Seguimos traballando e formándonos para desenvolver na nosa terra novas metodoloxías para o traballo en colectivo, coas que seguir medrando como sociedade e fortalecendo as nosas capacidades para o diálogo profundo. Nesta primavera agroma unha semente de facilitación de grupos que Rexenerando S. Coop. e María Rosendo levamos tempo regando: os Foros Abertos.

 

Que son os Foros Abertos?

Os Foros Abertos son encontros democráticos e estruturados nos que todas as persoas e voces se poidan sentir representadas. Reunen a xente para ter un diálogo máis profundo sobre asuntos particulares dentro da comunidade e para procesar as polarizacións e os conflitos que estes poidan conlevar. Como comunidades, grupos e culturas, precisamos ter consciencia da riqueza que a nosa complexidade e diversidade poden aportar. Este potencial, a miúdo sen explorar, emerxe cando se facilitan as interaccións, incluíndo todas as voces e puntos de vista, aínda aqueles que a miúdo son marxinados ou invisíbeis.

Trátase dunha ferramenta para traballar con grupos e comunidades que se engloba dentro da metodoloxía do Traballo de Procesos, un método interdisciplinario que ofrece actitudes e ferramentas para facilitar a transformación e o crecemento tanto a nivel individual como colectivo, traballando na resolución de conflitos e nos problemas sociais.

 

Para que poden servir?

A través dos Foros Abertos poderemos establecer relacións máis conscientes coas demais persoas, chegando a entender mellor aquelas voces, lugares ou posicionamentos que, aparentemente, son máis alleos ao propio. Nesta liña, os Foros Abertos axúdannos a crear grupos máis dialogantes e cunha capacidade maior de escoita activa, conseguindo así promover unha cultura baseada no bo trato, na diversidade e na liberdade.

Coa ferramenta dos Foros Abertos poderanse traballar multiplicidade de temáticas que afecten á comunidade e arredor das cales haxa posicionamentos ou perspectivas diversas. Algúns temas para os que esta metodoloxía pode ser interesante son:

– Cuestións ambientais: cambio climático, industrias enerxéticas, produción alimentaria, …
– Cuestión lingüística e cultural: autopercepción identitaria, bilingüísmo e diglosia, normalización lingüística…
– Cuestión migratoria: racismo, diversidade, integración social, refuxiadas…
– Cuestións educativas: bullying, violencia de xénero, marxinación social, racialidade e etnicidade…

 

Experiencias

Esta metodoloxía leva anos ensaiándose e desenvolvéndose en diferentes lugares, incluído o Estado español. Algunhas experiencias que se teñen levado a cabo:

– ¿Como (me) afecta el cambio climático? Foro aberto celebrado en Madrid no 2018, e facilitado pola cooperativa Altekio, onde poñer en común as diferentes vivencias a respecto deste tema. Máis información aquí.

– Foro Aberto sobre racismo e privilexio branco no cooperativismo. Foro aberto facilitado en xullo do 2018 pola cooperativa Fil al’agulla en Barcelona co obxectivo de tomar máis consciencia da reproducción cotiá de estruturas racistas e reflexionar colectivamente sobre como podemos transformarnos. Máis información aquí.

– Foro Aberto Violencias LGTBIQ+. Organizado pola cooperativa catalana Fil al’agulla en febreiro de 2019. Dirixido a persoas LGTBIQ+ como espazo no que pensar como son as nosas relacións cando saen da norma cis-heterosexual e como lidiamos coa LGTBIfóbia internalizada.
Máis información aquí.

 

Quen os facilita

María Rosendo Priego, educadora Social, Máster en Xénero, Experta en Facilitación e xestión de grupos e Estudante de Fase II de Traballo de Procesos na Escola de Trabajo de Procesos de Barcelona. Desde o ano 2009 dinamiza, desde a perspectiva feminista, múltiples espazos de autoestima, xénero e vínculos amorosos con mulleres adultas e con adolescentes en diferentes centros e espazos do país. No ano 2014 comeza a formación en Facilitación de grupos que completará cos estudos de Traballo de Procesos a partir do ano 2016.

Andrea Rico Adega, educadora Social, Pedagoga, Experta en Facilitación e xestión de grupos. Estudante de Traballo de Procesos no Centro de transformación do conflito humano. A súa experiencia profesional céntrase na formación e dinamización de grupos desde unha perspectiva socioeducativa. Desde 2014 é socia da cooperativa Rexenerando onde coordina a área de Facilitación de grupos e participación social e desde 2018 é membro do IIface-Instituto de Facilitación e Cambio.

 

Datos prácticos e contacto

Un Foro Aberto está pensado para un grupo mínimo de 20 persoas. Para desenvolvelo precisa dun espazo amplo e cómodo, con cadeiras para as participantes. Ten unha duración de dúas horas. O custe desta actividade son 400€, IVE non incluido. Os desprazamentos cóbranse a parte.

Se queres saber máis ou promover un Foro na túa entidade, contacta connosco en forosabertos@gmail.com ou no 600 051 041 .

by Editoras
0
Array
Previous post 8M: Nós paramos
Next post “A nosa ‘mala lingua’ posúe as mellores calidades para ser a lingua das causas xustas”
Array
Rexenerando, S. Coop. Galega

604 03 35 15
info@rexenerando.com
Rúa María, 94. 15401 – Ferrol

Síguenos
Aviso legal
Política de privacidade
Política de cookies
Cofinanciado por

 

Cun préstamo de
Utilizamos cookies para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, analizando a navegacion no noso sitio web. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información pulsando aquí: Ler máis. De acordo
Privacidade e Política de Cookies
Necessary
Always Enabled