Buscamos reforzos para o equipo
En Rexenerando abrimos un proceso selectivo para dous postos de traballo, cos que reforzar a execución de proxectos na área de Identidade e Xéneros no último trimestre do ano.
Un deles está dirixido a persoas con licenciatura ou grao en Ciencias Sociais ou similar, e o outro para persoas con licenciatura ou grao en Ciencias da Educación ou similar, en ambos casos con formación e experiencia no ámbito da igualdade de xénero. Para máis información, descarga aquí o dossier con toda a información relativa á oferta de emprego.
Se tes interese en traballar connosco, envíanos o teu CV a info@rexenerando.com antes do 10 de xullo.