A Factoría é o espazo formativo de Rexenerando S. Coop. Un lugar onde deseñar, artellar e lanzar ao mundo propostas formativas coas que achegar contidos e ferramentas que nos axuden a construír relacións e organizacións máis sostibles. Este outono botamos ao mar dúas propostas formativas de facilitación de grupos nas que vos convidamos a participar:

 

Organizacións transformadoras. Unha mirada dende a facilitación e xestión de grupos.

Organizado pola unión de cooperativas Espazocoop. Está dirixido preferentemente a persoas membros de entidades da economía social mais aberto a calquera persoa interesada. Curso en liña de 15 horas de duración con sesións síncronas os días 14, 16 e 22 de setembro en horario de 10:00h a 13:30h.

+info e inscricións aquí.

 

Curso Básico de Facilitación e Xestión de grupos, 8º edición.

Formación anual que busca contribuír a un cambio de paradigma nas relacións humanas, para coñecer e integrar na práctica diaria a revolución que supón aprender a traballar en colectivo. Está dirixida a persoas que traballan con grupos ou teñen interese en aprender máis sobre ferramentas, habilidades e metodoloxías neste eido.

120h de duración a desenvolver entre outubro de 2021 e maio de 2022, en 8 módulos mensuais de fin de semana. Celébrase de maneira presencial en Santiago de Compostela, e ten un custe de 950 €. Está certificado polo IIFAC-e (Instituto de Facilitación e Cambio), formando parte do seu itinerario formativo. Formación bonificable a través da Fundae.

+ info e inscricións: info@rexenerando.com

 

Organiza a túa axenda, viste o buzo, e ven enxeñar na Factoría con nós.