Bergondo en feminino

Ano
2019

Categoria
Xéneros e identidade; Memoria e territorio; Facilitación e participación social.

Clienta
Concello de Bergondo

Deseño gráfico
nadina gráfica

Proxecto de visibilización de mulleres históricas do Concello. No outono do 2019 desenvolvemos unha investigación participativa con axentes locais. Nela, a través da consulta de documentación e de entrevistas á veciñanza, tentamos rescatar a historia das mulleres de Bergondo; das pioneiras, das esquecidas, das invisibles, das rebeldes, das que abriron camiño.

Os resultados da investigación foron compartidos nun roteiro aberto e unha publicación.

Levamos a cabo a coordinación do proxecto, o deseño, e a súa execución.