Ano
2016/2017
Categoría
Memoria
Clienta
CEIP Sanjurjo de Carricarte
Concello da Coruña
Este proxecto nace no CEIP Sanjurjo de Carricarte (A Coruña) para transformar o patio da escola a través da reflexión da comunidade escolar sobre os espazos da infancia, o xeito de habitalos e de xogar, tomando conciencia dos lugares e de como se pode conseguir que o patio sexa un espazo para todos e todas. Rexenerando desenvolveu a parte da maqueta e o soño común, traballando no empoderamento na toma de decisións de nenos e nenas e achegando á comunidade a planificación urbana participada.
O noso patio recibiu o Premio Internacional da I Bienal de Arquitectura e Infancia, celebrada en Pontevedra no 2018.