A Factoría é tamén o espazo formativo de Rexenerando S. Coop. Un lugar desde o que contribuír á construción colectiva de relacións humanas máis xustas e integrar nas nosas prácticas diarias a revolución que supón aprender a traballar mellor en grupo.
Curso Básico de Facilicitación de Grupos
Curso Básico de facilitación de grupos acreditado polo Instituto de Facilitación e Cambio (IIFAC-E). Dirixido a todas aquelas persoas interesadas en mellorar o seu funcionamento grupal ou en como facilitar cambios positivos e satisfactorios nas súas organizacións, grupos ou comunidades, dunha forma participativa, innovadora e que potencie a diversidade.
Datas:
Outubro, 2021
a maio, 2022
Lugar:
Santiago de Compostela
Inscrición:
Do 1 de marzo
ao 15 de setembro de 2021
Formación bonificada:
Formación bonificada pola Fundae —Fundación Estatal para a Formación no Emprego.
Curso Medio de Facilicitación de Grupos
Benvida/o ao Curso Medio de Facilitación de Grupos, organizado por Rexenerando S. Coop. e acreditado polo IIFAC-E. Anna Pujol é a coordinadora desta formación, que se complementará na docencia con César Fernández. Neste documento atoparás a información básica sobre a metodoloxía e desenvolvemento da formación, servindo como unha pequena guía que recolle os principais aspectos que debes ter en conta.
Datas:
Pendente de confirmación
Lugar:
Santiago de Compostela
Formación bonificada:
Formación bonificada pola Fundae —Fundación Estatal para a Formación no Emprego.
Ei ti, sé ti!
Espazo vivencial no que afondar na identidade persoal, acilitado por Anna Pujol e César Fernández.
O obxectivo é ampliar a consciencia e claridade sobre cales son elementos mais significativos que conforman, de maneira xenuína, a nosa identidade, iso que nos fai ser nós mesmas e que nos permite sentirnos máis libres e aportar máis valor ás nosas vidas e ao mundo.
Destinado a educadoras/es, facilitadoras/es, mediadoras/es, activistas sociais, animadores/as socioculturais e, en xeral, calquera persoa interesada na transformación social.
Do conflito ao soño
Curso orientado a profesoras e profesores, mestres e mestras, con interese en reforzar as súas habilidades docentes. O obxectivo é fornecer ferramentas para xestionar os numerosos desafíos que as profesionais da educación afrontan dentro e fóra da aula.
Baseándose no Traballo de Procesos, tanto para facilitar unha caixa de ferramentas prácticas coma un espazo de foro para o intercambio de experiencias con outras profesionais da educación, desenvolveranse aquelas habilidades coas que conta cada persoa para desempeñar o seu traballo dun xeito efectivo e respectuoso consigo mesma e co resto da comunidade educativa.