Do conflito ao soño

Curso orientado a profesoras e profesores, mestres e mestras, con interese en reforzar as súas habilidades docentes. O obxectivo é fornecer ferramentas para xestionar os numerosos desafíos que as profesionais da educación afrontan dentro e fóra da aula.

Presentación

A vocación pedagóxica ten moito que ver cos soños máis profundos: os que definen ás persoas e o seu xeito de estar no mundo. Cando se perde a conexión cos soños, bloquéase tamén a capacidade de enfrontar as esixencias, o estrés do día a día e a complexidade da aula. Explorar a información agochada detrás dos soños, así como nos conflitos, é unha ferramenta empoderadora. Permite entendelos, reconectar coa vocación docente,  e xestionar dun xeito máis eficaz os desafíos cotiáns.

Anna Pujol e Lucía Suanzes ofrecen a oportunidade de aplicala ao ámbito educativo a través da formación «Do conflito ao soño. Ferramentas facilitadoras para a xestión da aula».

Este curso está orientado a profesoras e profesores, mestres e mestras, con interese en reforzar as súas habilidades docentes.

Baseándose no Traballo de Procesos, tanto para facilitar unha caixa de ferramentas prácticas coma un espazo de foro para o intercambio de experiencias con outras profesionais da educación, desenvolveranse aquelas habilidades coas que conta cada persoa para desempeñar o seu traballo dun xeito efectivo e respectuoso consigo mesma e co resto da comunidade educativa.

Obxectivos

Gañar conciencia sobre o propio estilo de docente
Mellorar as relacións e o ambiente na aula e no equipo de traballo
Gañar acceso aos recursos internos.
Aprender técnicas e métodos prácticos para a abordaxe de conflitos

Información útil

Cando:
Do 9 ao 11 e do 16 ao 18 de novembro, 2018

Onde:
Santiago de Compostela

Prezo:
300 euros