Ei ti, sé ti!

Obradoiro de traballo persoal para a transformación social

Presentación

Espazo vivencial no que afondar na identidade persoal. O obxectivo é ampliar a consciencia e claridade sobre cales son elementos mais significativos que conforman, de maneira xenuína, a nosa identidade, iso que nos fai ser nós mesmas e que nos permite sentirnos máis libres e aportar máis valor ás nosas vidas e ao mundo.

Destinado a educadoras/es, facilitadoras/es, mediadoras/es, activistas sociais, animadores/as socioculturais e, en xeral, calquera persoa interesada na transformación social.

Información útil

Datas:
1-3 febreiro, 2019

Lugar:
Por confirmar

Prezo:
240€

Inscríbete