Que facemos?

Desenvolvemos proxectos propios e proporcionamos a administracións públicas, entidades e empresas servizos integrais para desenvolver os seus, dende o deseño do proxecto até a coordinación e execución. Especializámonos nestes tres eixos de acción que facemos tamén transversais en todo o noso traballo:

Facilitación, participación e acompañamento

Área que engloba un conxunto de metodoloxías, técnicas e habilidades á disposición da participación cidadá, a dinamización sociocomunitaria e do acompañamento de procesos grupais e de desenvolvemento organizacional. Desenvolvemos:

  • Formación en facilitación de grupos para o traballo colectivo.
  • Facilitación de espazos grupais apoiando procesos de toma de decisións, resolución de conflitos, deseño da gobernanza e desenvolvemento organizacional, etc.
  • Acompañamento e mentoría de equipos de traballo.
  • Ferramentas para a indagación grupal e a creación colectiva.
  • Programas de fomento da participación cidadá e acompañamento de procesos cidadáns inclusivos.
  • Intervención e mediación sociocomunitaria.
  • Obradoiros dirixidos a garantir o dereito á participación das infancias e adolescencias.

Igualdade, diversidade e dereitos LGBTIQ+

Área orientada á sensibilización e promoción da igualdade de xénero desde unha perspectiva interseccional e de dereitos. Traballamos o recoñecemento da diversidade, o apoderamento de persoas e colectivos minorizados e, en xeral, a transformación das relacións para a equidade e a xustiza social. Desenvolvemos:

  • Deseño de políticas públicas de igualdade e elaboracións de plans e estratexias.
  • Programas e intervencións coeducativas para o conxunto da comunidade educativa: alumnado, familias e profesorado.
  • Formacións especializadas sobre educación sexual, comunicación inclusiva, delitos de odio contra persoas LGBTIQ+, historia dos feminismos, etc.
  • Creación de espazos para o apoderamento colectivo das mulleres e outras identidades minorizadas.
  • Campañas para a sensibilización e a prevención das violencias machistas e da LGBTIQfobia.
  • Proxectos de participación social destinados á posta en valor da memoria, os coñecementos e as experiencias das mulleres.

Cultura, memoria e lingua

Área dedicada á dignificación dos territorios e a súa historia. O obxectivo destes seus proxectos é que as persoas, públicos ou participantes, melloren o seu coñecemento dos espazos que habitan, comprendendo as opresións e valores que os atravesan, e comprometéndose así coa súa xestión e coidados. Desenvolvemos:

  • Deseño e execución de roteiros históricos interpretados.
  • Proxectos educativos de posta en valor do territorio e os seus recursos.
  • Procesos e metodoloxías de innovación educativa para a activación de falantes.
  • Procesos participativos comunitarios para a recuperación e visibilización da memoria colectiva.
  • Elaboración de materiais gráficos e audiovisuais para a divulgación das historias subalternizadas.
  • Asesoramento e produción de xornadas divulgativas.

Confiaron en nós

Administración central

Ministerio de Cultura
Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT, CSIC)

Administracións autonómicas

Xunta de Galicia
Consello da Cultura Galega
Escola Galega da Administración Pública
Universidade da Coruña
Universidade de Vigo
Universidade de Santiago de Compostela
Escola Oficial de Idiomas
GDR EuroEume
GDR Seitura22

Terceiro sector

Colexio de Educadores e Educadoras Sociais de Galicia
Confederación Galega de ANPAS
Asemblea da Cooperación pola Paz
Rede Galega contra a Pobreza
Enxeñería Sen Fronteiras
Fundación Paideia
EspazoCoop
Asociación Galega de Antropoloxía

Concellos e outras administracións locais

Deputación da Coruña
Concello de Ferrol
Concello de Narón
Concello de San Sadurniño
Concello de Cabanas
Concello de Bergondo
Concello de Betanzos
Concello de Sada
Concello da Coruña
Concello de Santiago de Compostela
Concello de Vedra
Mancomunidade de Concellos de Ferrolterra
Consorcio As Mariñas

Centros de ensino

CEIP Centieiras, Fene
CEIP Barouta, Ames
CEIP Zalaeta, A Coruña
CEIP de Prácticas, A Coruña
CPR Andaina, A Coruña
CEIP Plurilingüe Virxe da Cela, Monfero
CFPI Leixa, Ferrol
IES Catabois, Ferrol
IES Fernando Wirtz
CPI de Atios

Cooperativas e asociacións

Daveiga S. Coop.
Outonía S. Coop.
A Morada S. Coop.
Sindicato Labrego Galego
Padre Rubinos
Asociación Autismo Bata
CUAC FM
Agrocuir da Ulloa
Asociación Caurel Vivo
Asociación Cultural Airiños da Capela