“A festa, de hoxe nun ano. O patrón nas parroquias da Capela onte, hoxe (e mañá)” é a publicación resultante dun proceso de investigación e diálogo coa veciñanza das diferentes parroquias do Concello da Capela, onde explorar colectivamente como se celebraba o patrón en cada lugar e que aspectos poderían ter en conta as novas xeracións na organización destes festexos. Constou de entrevistas grupais e individuais, e contou co apoio da Asociación Airiños da Capela, tanto na pesquisa de información coma de recursos gráficos.
Desenvolvemos as tarefas de coordinación, deseño metodolóxico e facilitación dos espazos, baleirado da información, e elaboración da publicación.









