Foto de A igualdade polos pelos

No 2023 , o Concello de Narón promoveu “A igualdade polos pelos”, unha campaña de sensibilización, prevención e difusión dos recursos e prestacións existentes en materia de violencia de xénero dirixida aos establecementos de perrucaría e estética do municipio coa fin de crear unha rede de centros de perrucaría e estética fronte as violencias machistas; a primeira do territorio galego.

Durante o proceso, desenvolvemos formacións para todas as profesionais da perrucaría e estética do Concello co obxectivo de dar a coñecer os recursos existentes e capacitar o seu acompañamento na detección de violencias machistas. Ademais, deseñamos recursos para ter nos centros a disposición de todas as clientas.

  • Ano: 2023 -2024
  • Categoría: Igualdade
  • Clienta: Concello de Narón
  • Deseño gráfico:
    nadina gráfica