Foto de A noite en igualdade

Como parte da súa aposta pola prevención das violencias machistas e lgbtfóbicas, o Concello de Narón impulsou “A noite de igualdade”, unha campaña de prevención e sensibilización das violencias sexuais no ocio nocturno en colaboración cos locais do municipio.

Durante o proceso, deseñamos un protocolo “a noite en igualdade fronte ás agresións sexuais no ocio nocturno” e desenvolvemos formacións para todas as profesionais dos locais de ocio nocturno de Narón: propietarias, camareiras, persoal de seguridade etc. co obxectivo de dar a coñecer os recursos existentes e capacitar o seu acompañamento na detección de violencias machistas e no acompañamento nas agresións sexuais.

Porque todas as persoas deberíamos ter dereito a gozar da noite en igualdade.

  • Ano: 2024
  • Categoría: Igualdade
  • Clienta: Concello de Narón
  • Deseño gráfico:
    nadina gráfica