Foto de Artefactory

Deconstruíndo o patriarcado

Proxecto de sensibilización contra a violencia de xénero, enmarcado nas accións do Pacto de Estado. O seu obxectivo foi contribuír a reflexión social para identificar, carnalizar e transformar as violencias a través da creatividade feminista. Para isto, constou dunha Mostra das Violencias (In)Visibles; a Factoría creativa, obradoiros vivenciais e artísticos con Mónica Otero, Mariola Mourelo, 7H Cooperativa Cultural, Estela Iglesias e Marián Bañobre; o Des-catálogo feminista; intervencións urbanas; e un roteiro.

Levamos a cabo a coordinación xeral das actividades, desenvolvemos o obradoiro vivencial e o roteiro, e facilitamos as sesións colaborativas.

  • Deseño gráfico:
    nadina gráfica