Foto de Bergondo en feminino

Proxecto de visibilización de mulleres históricas do Concello. No outono do 2019 comezamos unha investigación participativa con axentes locais. Nela, a través da consulta de documentación e de entrevistas á veciñanza, tentamos rescatar a historia das mulleres de Bergondo; das pioneiras, das esquecidas, das invisibles, das rebeldes, das que abriron camiño.

Este proceso derivou nun primeiro roteiro aberto e unha publicación. Desde entón, cada edición do programa integra novas pezas que enriquecen a investigación e devolven os resultados á cidadanía: videoguías, sinaléctica, renomeamento dos centros cívicos e outros espazos municipais, obradoiros con profesorado e alumnado, accións artísticas, etc.

Podes coñecer máis do proceso de traballo e os elementos xerados nel en www.bergondo.gal/descubre-bergondo/bergondo-en-feminino/

Levamos a cabo a coordinación do proxecto, o deseño, e a súa execución.

  • Ano: 2019 - actualidade
  • Categoría: Igualdade | Memoria
  • Clienta: Concello de Bergondo
  • Deseño gráfico:
    nadina gráfica