Foto de Da túa porta á miña. Percorridos á Colección de Arte da FMJJ en colaboración coa A.C. Donaire e Rexenerando.

Da túa porta á miña é un programa de visitas que propón un achegamento entre creación contemporánea e a música e o baile tradicional. Entre o Día das Artes Galegas e o Día Internacional dos Museos, abrimos tres pases para público xeral onde as persoas participantes puideron reflexionar sobre como as artes abordan algunhas das crises do presente, a través das pezas de arte contemporánea da Colección da Fundación María Jose Jove e tamén da intervención e actuacións de Donaire.

Estas visitas propuxeron tamén un achegamento entre institucións culturais, ambas cumpla ampla traxectoria na cidade e que son veciñas do polígono da Grela.

Dende Rexenerando codeseñamos e mediamos o proceso entre as dúas entidades, así como facilitamos as visitas.

  • Deseño gráfico:
    FMJJ