“Emigrantas. Emerxer do silencio” é a mostra expositiva que o Arquivo da Emigración do Consello da Cultura Galega promoveu sobre Mulleres na emigración galega, celebrada no Kiosco Alfonso de marzo a maio do 2026. Como parte deste traballo, deseñamos unha metodoloxía de traballo participativo que aplicamos no obradoiro Un lenzo en branco, e transformamos nunha guía metodolóxica que recollera o deseño e resultados desta acción participativa para que o obradoiro e a investigación puidera ser replicada noutros contextos aos que viaxe a mostra.













