O Encontro Cultura y Ciudadanía é un programa do Ministerio de Cultura que ten como obxectivo promover a participación cidadá na cultura. Nas edicións de 2023 (Valladolid) e 2024 (Santiago de Compostela) coordinamos a dimensión participativa do evento. Atendemos ao deseño e facilitación dos espazos participativos desenvolvidos ao longo do encontro, incluindo dinámicas para a presentación e cohesión das persoas participantes, sobremesas para afondar con especialistas arredor dunha temática, ou espazos participativos sectoriais. Integramos tamén o coidado do acceso á información no programa e no propio espazo.












