Foto de Encontro de profesionais de normalización lingüística no eido local

En abril de 2024 coordinamos e desenvolvemos en Santiago de Compostela o Encontro de profesionais da normalización lingüística no eido local, un espazo de cohesión, aprendizaxe e motivación impulsado pola Deputación da Coruña. A xornada convidou a profesionais de todo o territorio para compartir experiencias, reflexionar sobre o presente e o futuro da normalización lingüística dende o local, e fortalecer o papel das técnicas e técnicos de NL na administración.

Desde Rexenerando encargámonos da coordinación xeral, incluíndo reunións co equipo técnico da Deputación, o deseño metodolóxico do encontro, a xestión de inscricións, o contacto e acompañamento das relatoras, así como a facilitación do propio evento. Deseñamos tamén a imaxe gráfica e materiais de comunicación contando coa creatividade de Nadina Bértolo.

  • Deseño gráfico:
    nadina gráfica