Esta formación, dirixida ao persoal da administración pública galega, achega unha mirada integral aos discursos e delitos de odio contra as persoas LGBTI+, combinando un enfoque normativo, teórico e práctico. A través de sesións en modalidade de telepresenza e por medio dunha metodoloxía participativa, foméntase a comprensión da realidade da diversidade sexual e a adquisición de ferramentas profesionais para a prevención e atención destas violencias desde unha perspectiva interseccional.
Coa segunda edición desta formación celebrada na primavera de 2025, Rexenerando S. Coop. Galega consolida a súa colaboración coa Escola Galega de Administración Pública (EGAP), reforzando o seu papel como axente chave na formación en igualdade e dereitos LGBTI+ no ámbito institucional.









