O Gabinete de Imaxinación Política é un dos proxectos desenvolvidos no Laboratorio Cidadá da Coruña; un lugar de encontro entre artistas, activistas e a universidade para crear en común ferramentas e dispositivos cos que dotar ás persoas participantes dunha maior autonomía política a través de prácticas artísticas colaborativas, o activismo online e as ferramentas de facilitación de grupos.









