Foto de Gozando en igualdade

Durante o ano 2023 desenvolvemos o programa de educación sexual “Gozando en igualdade” para a ANPA do CEIP Apóstolo Santiago e a ANPA Berbiriana, do CEIP de Zalaeta. 

Este programa combinou formación para familias e profesorado onde cuestionar o modelo de educación afectivo sexual hexemónico e buscar camiños nos que achegarnos a un modelo de educación xusto e igualitario; e obradoiros con todos os cursos de educación primaria dos respectivos centros de ensino.

A combinación de obradoiros con todo o alumnado de primaria e sesións formativas coas súas familias e docentes permitiunos facer un traballo máis conectado coa realidade, xa que puidemos compartir coas adultas reflexións e dúbidas que se compartían nas sesións en aula.


Para continuar con este camiño, elaboramos un caderno de actividades con información e recursos para que as familias puideran seguir afondando, acompañando e aprendendo tamén desde a casa.