O III Encontro de Axentes de Igualdade promovido pola Deputación da Coruña, celebrado en outubro de 2024 no MUNCYT, foi un espazo dende o que facilitar un diálogo de calidade no que indagar colectivamente sobre as posibilidades desta figura, compartindo prácticas inspiradoras e motivadoras. Cun enfoque participativo, a xornada foi un espazo de coñecemento mutuo e cohesión entre profesionais do ámbito da igualdade da provincia.
Dende Rexenerando asumimos a coordinación, deseño e facilitación da xornada, apostando por unha selección de contidos que puxo en valor as experiencias e boas prácticas do territorio. Un exemplo máis do compromiso da nosa entidade co acompañamento das políticas públicas de igualdade e a creación e apoderamento de redes profesionais.










