Foto de IV Encontro de Axentes de Igualdade

O IV Encontro de Axentes de Igualdade promovido pola Deputación da Coruña, celebrado en maio de 2026 no Centro Sociocultural Maruxa e Coralia (Santiago de Compostela), foi un espazo no que coñecer experiencias de redes estatais e galegas de igualdade e diversidade inspiradoras e facilitar un espazo de traballo participativo orientado ao deseño dunha futura Rede Provincial de Concellos pola Igualdade e a Diversidade e contra as Violencias Machistas e LGBTIfóbicas.

Dende Rexenerando asumimos a coordinación, deseño e facilitación da xornada, en colaboración coa cooperativa Arabías, apostando por unha selección de experiencias e persoas relatoras que puxo en valor as iniciativas xa existentes, e o deseño e desenvolvemento de dinámicas que fomentaran a participación e a conexión co propósito do encontro. Un exemplo máis do compromiso da nosa entidade co acompañamento das políticas públicas de igualdade e a creación e apoderamento de redes profesionais.

  • Deseño gráfico:
    nadinagráfica