O Laboratorio de Apoderamento Lingüístico é un proxecto piloto de dinamización do uso da lingua e de xestión do conflito lingüístico. Integra metodoloxías de innovación social para a xeración dunha rede de mocidade comprometida coa lingua, que actúe como axente de mediación no conflito lingüístico e activación de falantes entre iguais. Traballamos a través de obradoiros vivenciais en aula e sesións intercentros para o prototipado de accións pola lingua, incorporando as ferramentas da facilitación de grupos. Apelamos a toda a comunidade educativa para tecer alianzas cos diferentes sectores que acompañan á mocidade. Bebendo de experiencias previas na liña do apoderamento lingüístico, realizouse unha edición piloto no 2022 para o repositorio Tece Redes en galego. O LAB Lingua foi recoñecido co Premio Mil Primaveras da CTNL no 2023.









