Foto de O noso patio

Este proxecto nace no CEIP Sanjurjo de Carricarte (A Coruña) para transformar o patio da escola a través da reflexión da comunidade escolar sobre os espazos da infancia, o xeito de habitalos e de xogar, tomando conciencia dos lugares e de como se pode conseguir que o patio sexa un espazo para todos e todas. Rexenerando desenvolveu a parte da maqueta e o soño común, traballando no empoderamento na toma de decisións de nenos e nenas e achegando á comunidade a planificación urbana participada.

O noso patio recibiu o Premio Internacional da I Bienal de Arquitectura e Infancia, celebrada en Pontevedra no 2018.

  • Ano: 2016-2017
  • Categoría: Facilitación
  • Clienta: CEIP Sanjurjo de Carricarte Concello da Coruña