Foto de Formación O rol do persoal educativo na activación lingüística

Formación en apoderamento lingüístico no marco do proxecto “Modo Galego, actívao!”, promovido pola Real Academia Galega e o Concello de Ames. En continuidade coa nosa liña de traballo sobre lingua, esta experiencia formativa procura investigar e intervir abrindo novos camiños cara a activación do galego en todos os ámbitos da vida.

Dende Rexenerando apoiamos ao profesorado no proceso de gañar consciencia sobre a súa responsabilidade e o seu poder como adultas acompañantes á hora de ser modelos de referencia, garantes dos dereitos da infancia a adquirir a lingua e a medrar seguras no seu uso.

  • Ano: 2024
  • Categoría: Lingua
  • Clienta: Concello de Ames