Carvalho Calero: un espazo, un tempo, un creador
“Carvalho Calero: un espazo, un tempo, un creador” é un obradoiro dirixido a ESO e Bacharelatos de achegamento á figura de Ricardo Carvalho Calero. Percorremos os principais fitos da vida e da obra do xenial creador ferrolán, e entendemos a súa grande achega á cultura galega. A sesión apóiase en recursos audiovisuais, e remata cunha dinámica participativa na que reflexionar sobre presenza do galego nas nosas vidas.
A súa duración é de 100′.









