Foto de PALCOS

“PALCOS. Cultura material e festa na paisaxe rururbana galega” é un proxecto de investigación que se desenvolve no Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC e que pretende localizar, documentar, catalogar e estudar os palcos da música espallados polo territorio galego. Neste proxecto, atendemos a dimensión participativa, apoiando ao equipo de investigación no deseño e procesado das ferramentas e espazos cidadás, así como na facilitación dos espazos colaborativos internos do equipo do proxecto e abertos á cidadanía. 

PALCOS recibiu no 2025 o primeiro premio na categoría Ciencia Cidadá da III edición dos Premios de Divulgación Científica e Ciencia Cidadá do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).