Os Paseos Desviados son unha liña de traballo da cooperativa Rexenerando e a historiadora Daniela Ferrández para a divulgación da memoria das disidencias sexuais. Baixo a forma de roteiro, propoñemos un percorrido polas cidades de Ferrol e A Coruña no que coñecer a historia dalgunhas persoas e colectivos que cuestionaron a norma de xénero ao longo do século XX: as desviadas, escandaloses, vagos e maleantes.
Un proxecto co que incorporar referentes até o de agora invisibilizades, que faciliten unha comprensión máis completa da nosa cidade e do noso presente, así como a construción dun futuro máis libre e diverso.









