Durante o ano 2022 acompañamos o proceso participativo do Plan de Cultura Marítima de Galicia impulsado pola Universidade da Coruña, poñendo o noso equipo á disposición do deseño e desenvolvemento dunha serie de mesas participativas con diferentes axentes chave do literal galego: persoas expertas, confrarías, profesionais do sector do mar, investigadoras, etc. Dende un rol de facilitación Rexenerando acompañou as conversas, apoiando que todas as voces do territorio sexan escoitadas e integradas no Plan.

















