Foto de Plan de Dereitos Culturais – Eixo de diversidade lingüsítica

O Plan de Dereitos Culturais é unha iniciativa impulsada pola Dirección Xeral de Dereitos Culturais do Ministerio de Cultura co obxectivo de situar os dereitos culturais no centro das políticas públicas, recoñecendo o acceso, a participación e a creación cultural como dereitos fundamentais. Para a súa elaboración deseñouse un amplo proceso participativo, estruturado arredor de 13 eixos temáticos que abordaron diferentes dimensións da cultura desde unha perspectiva transversal.

Desde Rexenerando, e baixo a coordinación de Marta Rovira, asumimos a facilitación e relatoría do eixo de diversidade lingüística, contribuíndo ao conxunto do proceso con tarefas de deseño metodolóxico, facilitación grupal, recollida, análise e devolución da información, así como o traballo de coordinación co resto de equipos e eixos. Unha experiencia de deseño participativo dunha política pública dende o diálogo, a diversidade e unha perspectiva de dereitos.

  • Ano: 2024 - 2025
  • Categoría: Lingua | Participación
  • Clienta: Dirección General de Dereitos Culturais, Ministerio de Cultura