Foto de Plantámonos

Nos Plantamos é un movemento aberto de organizacións e persoas que defenden a soberanía alimentaria e a agroecoloxía campesiña, con protagonismo das agricultoras e traballadoras da terra. Un espazo de articulación que reivindica un rural vivo e sostén unha resistencia firme fronte á destrución da natureza, da terra e da vida.

En 2024 colaboramos co equipo de Altekio na facilitación das xornadas estatais celebradas en Allariz. O encontro reuniu a múltiples organizacións e colectivos da agroecoloxía e a defensa ambiental de todo o Estado, co obxectivo de reforzar os vínculos entre participantes, afondar nas liñas estratéxicas da rede e seguir fortalecendo a súa estrutura de gobernanza colectiva.