Foto de Puntos violeta

Como parte da súa aposta pola prevención das violencias sexuais e lgbtfóbicas, e como continuación da campaña “a noite en igualdade”, o Concello de Narón impulsou o servizo dos Puntos violeta durante o ano 2025.

Como equipo técnico deste servizo, desenvolvemos formación coas distintas axentes involucradas nas festas: Protección Civil, Policía Local, persoal de barras e limpeza, comisións e asociacións de festas; e estivemos presentes en diferentes eventos ao longo do ano, apoiando a construción de espazos máis inclusivos, respectuosos e seguros para gozar da festa en igualdade