En 2022 elaboramos para a Confederación de ANPAS Galegas unha guía dirixida ás familias dende a que reflexionar e convidar a dar pasos cara a construción de masculinidades coidadosas. Con este material, financiado con fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, apostamos por fomentar a adquisión dunha mirada crítica e compartimos referentes alternativos de masculinidade baseados na igualdade, os coidados e a diversidade, contribuíndo á prevención das violencias machistas desde a corresponsabilidade e a educación familiar.
Con esta guía demos continuidade á nosa traxectoria de elaboración de recursos coeducativos dirixidos a familias e profesorado, ofrecendo un enfoque claro, pedagóxico e situado, que aposta por mobilizar tamén aos homes como suxeitos activos na transformación social cara á igualdade.









