Tool Lab é unha rede de profesionais que traballa ao servizo de persoas en situación de vulnerabilidade, e que se reúne para indagar sobre modelos organizativos e formas de traballo que apoien unha intervención social máis consciente, coidada e transformadora. Trátase dun proxecto colaborativo liderado pola Asociación San Xerome Emiliani (A Guarda) e promovido por 10 entidades de Galicia, Canarias, Baleares e Euskadi.
En 2025 participamos xunto con outros dous equipos impartindo formación e facilitando un espazo de indagación colectiva a través do que seguir definindo o plan de acción da rede para os vindeiros anos. Desde Rexenerando achegamos coñecementos en sistemas de gobernanza, xestión da diversidade nos grupos e metodoloxías participativas, contribuíndo ao fortalecemento dunha rede profesional comprometida cos coidados e a innovación social.












