Rexenerando é unha cooperativa que traballa no eido do social, fundada no ano 2014 no Golfo Ártabro e formada por un equipo multidisciplinar de mulleres.
Olalla
Barro
Son politóloga, cun mestrado de Axentes de Igualdade de Oportunidades para as Mulleres no Ámbito Rural e formada en Facilitación de grupos, en Xestión de Proxectos de Medio Ambiente e Responsabilidade Social Corporativa. Ademais, na actualidade estoume a formar nun mestrado de Economía Social e Cooperativismo da Universidade de Mondragón.
Deseñei e coordinei diversos proxectos nos ámbitos do xénero e a equidade, e tamén da educación e da cultura. Apaixóname traballar con persoas e grupos, en contextos nos que facilitar o seu empoderamento e nos que afondar nunha visión feminista da realidade.
Son socia de Rexenerando e coordino a área de Xéneros e identidade.
Andrea
Rico
Estudei Educación Social e Pedagoxía, convencida das posibilidades da educación para transformar o mundo. Teño experiencia en deseño e execución de proxectos de intervención socioeducativa, en ámbitos diversos como a igualdade, a educación ambiental ou a formación de persoas adultas. Apaixóname traballar con grupos, acompañármonos na construción colectiva de condicións de vida máis xustas e sostibles. Para poder abordar toda esa complexidade, levo anos formándome de xeito continuo en ferramentas e habilidades para a xestión e facilitación de grupos. Desde 2018 formo parte do Instituto de Facilitación e Cambio (IIFAC-E).
Son socia de Rexenerando, onde coordino a área de Facilitación de grupos e participación social.
Olga
Romasanta
Marcos
Abalde
Son socio colaborador de Rexenerando. Formeime en Filoloxía Románica e Galega e nun posgrao en Servizos Culturais. Son poeta e dramaturgo e teño tamén experiencia en docencia, xestión e deseño de programas culturais.
Na actualidade dedícome á docencia, mais continúo a colaborar con Rexenerando na asesoría de proxectos que teñen que ver coa activación de falantes para o galego e a recuperación de memorias subalternizadas, dous dos ámbitos cos que me sinto máis comprometido.