Recursos

TRIPA - MEMORIA-DE-FESTA - PANT_page-0001

A festa, de hoxe nun ano

“A festa, de hoxe nun ano” é  unha publicación feita para a Asociación Airiños da Capela, en colaboración con veciñanza participante en comisións de festas para os festexos patronais nas últimas décadas. O seu obxectivo é recoller parte desa memoria das festas, servir de guía útil para as novas persoas que asuman este encargo, e poñer en valor esta poderosa fórmula de organización comunitaria. 

Formato:
PDF

Clienta:
Asociación Airiños da Capela

Ano:
2023

GUIA - GOZANDO-IGUALDADE - PRACTICAS - PANT_page-0001

Gozando en igualdade

Gozando en igualdade é un proxecto de coeducación para comunidades escolares, centrado no acompañamento das sexualidades na infancia. No 2022 desenvolvemos esta guía para a ANPA do CEIP de Prácticas (A Coruña).  Está dirixida a profesorado e familias, e contén unha revisión crítica do modelo de educación sexual, indicacións para abordar as sexualidades nas diferentes etapas de crecemento das crianzas e recursos de apoio.

Formato:
PDF

Clienta:
CEIP de Prácticas

Ano:
2022

MAPA - A2 - FERROL-REBELDE - PANT_page-0001

Ferrol Rebelde. Mapa da historia obreira

O mapa “Ferrol Rebelde” é un proxecto de divulgación e dignificación da memoria obreira da cidade. Cen anos de historia resumidos en cincuenta puntos, espazos senlleiros que visibilizan un movemento obreiro rico, diverso, pioneiro e resiliente. Unha nova oportunidade para achegarnos a este relato fundamental na identidade ferrolá e promover o diálogo social arredor del.

Formato:
PDF

Clienta:
Deputación da Coruña

Ano:
2021

IRIS-PANT_page-0001

Irís: memoria dun século

A publicación «Irís: memoria dun século» é o resultado dun obradoiro de historia oral e saúde comunitaria desenvolvido na parroquia de Irís, Cabanas, entre outubro e decembro de 2021. Nela recóllese o relato colectivo de cen anos de historia no lugar; cen anos que ninguén das asistentes viviu, pero dos que coñecen historias, persoas e lugares como se os viran cos seus propios ollos.

Formato:
PDF

Clienta:
Concello de Cabanas

Ano:
2021

NACEMENTOS-CABANAS - PANT_page-0001

Prenda do meu querer

Prenda do meu querer é un material ilustrado para dar a benvida ás crianzas que nacen no Concello de Cabanas. Serve como presentación do paquete de agasallos que reciben os novos nacementos, ao tempo que inculca na familia valores de coeducación, respecto pola diversidade, sustentabilidade e amor pola terra.

Formato:
PDF

Clienta:
Concello de Cabanas

Ano:
2022

GUIA - XOGANDO-IGUALDADE - ZALAETA - PANT (1)_page-0001

Xogando en igualdade

Medrando en igualdade é un proxecto de coeducación para comunidades escolares, centrado no ámbito do xogo e o patio. No 2021 desenvolvemos esta guía para a ANPA Berbiriana do CEIP Zalaeta (A Coruña).  Está dirixida a profesorado e familias, e contén un achegamento ao concepto de “patios inclusivos”, con dinámicas para analizar o propio patio cunha mirada de xénero e propostas para realizar coas nenas e nenos na aula ou na casa.

Formato:
PDF

Clienta:
ANPA Berbiriana, CEIP Zalaeta

Actividade subvecionada pola Xunta de Galicia

Ano:
2021

GUIA - SEXUALIDADE - CARIÑO - PANT_page-0001

Fálame con cariño

“Fálame con cariño” é unha guía de preguntas e respostas para acompañar a educación afectivo-sexual nas adolescencias. Está dirixida a familias e docentes, e contén algunhas respostas a cuestións recorrentes sobre como falar de sexo, masturbación, menstruación, exaculación, pracer, pornografía, consentimento ou diversidade. Foi elaborada para o Concello de Cariño ao abeiro das axudas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Formato:
PDF

Clienta:
Concello de Cariño

Actividade subvecionada pola Xunta de Galicia

Ano:
2021

GUIA - MEDRANDO-EN-IGUALDADE - PANT_page-0001

Medrando en igualdade

Medrando en igualdade é un proxecto de coeducación para comunidades escolares. No 2020 desenvolvemos esta “Guía de recursos para unha educación non sexista” para a ANPA do CEIP Couceiro Freijomil (Pontedeume). Está dirixida a profesorado e familias, e contén recursos literarios, audivisuais e lúdicos entre outros, cos que acompañar as crianzas incorporando unha mirada de xénero.

Formato:
PDF

Clienta:
ANPA Eume, CEIP Couceiro Freijomil

Actividade subvecionada pola Xunta de Galicia

Ano:
2020

REGOELA - PANT_page-0001

Regoela: memoria dun século

A publicación «Regoela: memoria dun século» é o resultado dun obradoiro de historia oral e saúde comunitaria desenvolvido na parroquia de Regoela, Cabanas, entre outubro e novembro de 2020. Nela recóllese o relato colectivo de cen anos de historia no lugar; cen anos que ninguén das asistentes viviu, pero dos que coñecen historias, persoas e lugares como se os viran cos seus propios ollos.

Formato:
PDF

Clienta:
Concello de Cabanas

Ano:
2020

PUBLICACION-ML-2020 - PANT_page-0001

Malas Linguas 2020

Malas Linguas son as xornadas da Deputación da Coruña para a activación de falantes no s. XXI, dirixidas a axentes da normalización lingüística e público xeral.  A edición de 2020 foi online e estivo centrada nas boas prácticas para as linguas minorizadas do Estado, e a revitalización lingüística en linguas ameazadas. Esta publicación recolle un resumo dos relatorios e o enlace aos vídeos.

Formato:
PDF

Clienta:
Deputación da Coruña

Ano:
2020

CAPA - SEIS-CAFES_page-0001

Seis cafés. Etnografía dos coidados para tempos de pandemia 

Seis cafés é un proxecto de intervención sociocomunitaria e etnografía feminista desenvolvido para o Concello de Bergondo entre setembro e novembro de 2020. Nel, exploramos o tema dos coidados a través de entrevistas a veciñas do municipio, visibilizando a relación histórica das mulleres co mundo reprodutivo, denunciando a inxusta carga que puido supoñer nalgúns momentos da súa existencia e aprendendo de todos os saberes invisibles que atesouran.

Este libro recolle os principais resultados desas conversas, ademais doutras fases do proxecto coma o encontro virtual Coidatopías.

Formato:
PDF

Clienta:
Concello de Bergondo

Ano:
2020

PASQUIN_CARVALHO CALERO_PANT_page-0001

Ferrol con Carvalho Calero

«Ferrol con Carvalho Calero» é un roteiro para descubrir a figura de Ricardo Carvalho Calero, homenaxeado nas Letras Galegas 2020. A través das súas paradas coñecemos os espazos de vida deste ilustre ferrolán, achegándonos ás súas vivencias a súa obra, e o seu pensamento.

Está dirixido a público xeral e grupos de ESO e Bacharelatos.

Formato:
PDF

Clienta:
Concello de Ferrol

Ano:
2020

PUBLICACION-MSM_page-0001

Machismos sen miopías

«Machismos Sen Miopías» é un programa de sensibilización impulsado pola Deputación da Coruña en colaboración con dez Concellos da provincia.
O seu obxectivo é xerar espazos coletivos nos que traballar a identificación de violencias machistas invisibilizadas. Neste catálogo atoparás o resultado da Mostra das Violencias Invisibles, unha das accións que desenvolvemos no marco do proxecto, en colaboración con todas as persoas participantes nos dez obradoiros.

Formato:
PDF

Clienta:
Deputación da Coruña

Ano:
2019

PASQUIN_BERGONDO_PANT (2)_page-0001

Bergondo en feminino

«Bergondo en feminino» é un proxecto de investigación-acción para visibilizar as mulleres históricas de Bergondo. Consta dun obradoiro para público xeral de dez sesións, no que revisar a Historia desde unha perspectiva de xénero e investigar as principais figuras do municipio. Cos resultados deste obradoiro, xeramos este pasquín e un roteiro no que nos achegamos a nove mulleres de Bergondo diversas nas súas traxectorias.

Formato:
PDF

Clienta:
Concello de Bergondo

Ano:
2019

PUBLICACIÓN_SANMARTIÑO_PANT_page-0001

San Martiño do Porto: memoria dun século

A publicación «San Martiño do Porto: memoria dun século» é o resultado dun obradoiro de historia oral e saúde comunitaria desenvolvido na parroquia de San Martiño do Porto, Cabanas, entre abril e maio do 2019. Nela recóllese o relato colectivo de cen anos de historia no lugar; cen anos que ninguén das asistentes viviu, pero dos que coñecen historias, persoas e lugares como se os viran cos seus propios ollos.

Formato:
PDF

Clienta:
Concello de Cabanas

Ano:
2019

CAPA_DESCATALOGO_FEMINISTA-1

Descatálogo feminista

Proxecto de sensibilización en relación á violencia de xénero, enmarcado nas accións do Pacto de Estado. Os seus obxectivos: contribuír a reflexión social para identificar, carnalizar e transformar as violencias a través da creatividade feminista.

Formato:
PDF

Clienta:
Concello de ferrol

Ano:
2019

PUBLICACION_ML_PANT-1

Malas Linguas

O galego precisa redefinir a súa folla de ruta para activar falantes no século XXI. Para contribuír a ela, a Deputación da Coruña organiza as xornadas Malas linguas, unha oportunidade para facer diagnose, analizar a situación actual e, desde aí, trazar, imaxinar e coller folgos para continuar o camiño da normalización lingüística do galego.

Formato:
PDF

Clienta:
Deputación da Coruña

Ano:
2019

CAPA_SOASERRA

Soaserra, memoria dun século

A publicación «Soaserra: memoria dun século» é o resultado dun obradoiro de historia oral e saúde comunitaria desenvolvido na parroquia de Soaserra, Cabanas, entre outubro e decembro do 2018. Nela recóllese o relato colectivo de cen anos de historia no lugar; cen anos que ninguén das asistentes viviu, pero dos que coñecen historias, persoas e lugares como se os viran cos seus propios ollos.

Formato:
PDF

Clienta:
Concello de Cabanas

Ano:
2019

CAPA_MANUAL_IMAXINAR

Imaxinar para transformar

Manual para o traballo en colectivo

O Gabinete de Imaxinación Política é un dos proxectos desenvolvidos no Laboratorio Cidadá da Coruña; un lugar de encontro entre artistas, activistas e a universidade para crear en común ferramentas e dispositivos cos que dotar ás persoas participantes dunha maior autonomía política a través de prácticas artísticas colaborativas, o activismo online e as ferramentas de facilitación de grupos.

Formato:
PDF

Clienta:
Co-Lab (Concello da Coruña)

Ano:
2017

CAPA_PASQUIN_IRMANDADES-1

Ferrol coas Irmandades da Fala

Un paseo para descubrir a nosa grande achega á cultura galega

O roteiro ‘Ferrol coas Irmandades da Fala’ ten como obxectivo dignificar a memoria da cidade e salientar a súa grande achega á cultura galega, difundindo o fenómeno cultural e político das Irmandades da Fala. Un paseo para pensar a cidade desde lugares, fitos e persoas que marcaron o seu devir no primeiro terzo do século XX.

Formato:
PDF

Clienta:
Concello de Ferrol

Ano:
2016-2018

GUIA_FERROL_REBELDE

Ferrol Rebelde

Un paseo por 100 anos de historia obreira

O roteiro ‘Ferrol rebelde’ ten o obxectivo de dignificar a memoria da cidade e a súa historia obreira, difundindo a importancia do movemento obreiro ferrolán entre o 1871 e o 1972. Un paseo para pensar a cidade desde os lugares, fitos e persoas que deixaron pegada na loita polos dereitos laborais e sociais en Ferrol e no conxunto do país.

Formato:
PDF

Clienta:
Concello de Ferrol

Ano:
2016-2018

CAPA_RECETARIO_ONDAS_2018

Protexe quen coñece

Receitario didáctico de Ondas de ilusións

Neste documento atoparás un feixe de ideas e propostas para afondar co teu alumnado no coñecemento da contorna litoral e os mares. O Receitario enmárcase nas actividades do programa do GALP Norte Ondas de ilusións: ondas do mar, e ten como protagonista á Ameixa Tareixa, unha compañeira sen igual para que descubrir o lugar no que vivimos e implicarnos no seu coidado.

Formato:
PDF

Clienta:
GALP Norte

Ano:
2018