Esquipo reunido nunha mesa

Quen somos?

No contexto que segue á crise de 2008, un grupo de mozas con formacións diversas en ciencias sociais decidimos crear un proxecto empresarial propio. Buscabamos achegar algo positivo ao mundo co que sabiamos facer, dende o desexo de condicións laborais dignas para nós e para a nosa contorna, e onde non houbese que pedir permiso para coidar.

Equipo

Como proxecto vivo, Rexenerando foi mudando ao longo do tempo. O que se mantén é un equipo profesional formado sempre por persoas comprometidas cos valores da organización e da economía social. Hoxe somos:

Foto de Andrea

Andrea Rico Adega

Educadora social e pedagoga, especializada en facilitación de grupos

Foto de Olga

Olga Romasanta

Historiadora da arte especializada en mediación cultural

Foto de Martín

Martín V. Añel

Sociólogo especializado en igualdade de xénero e diversidade sexual

Foto de Paola

Paola Bermúdez

Educadora social especializada en participación cidadá

Tamén son Rexenerando…

Olalha Barro

Fundadora

Politóloga especializada en xénero e docente

Marcos Abalde

Socio colaborador e fundador

Filólogo, escritor e docente

Nadina Bértolo

Deseñadora gráfica

Creadora da identidade e o deseño gráfico. Traduce en imaxes, cores e formas o sentido dos nosos proxectos

César Fernández

Facilitador de grupos

Acompaña e facilita o desenvolvemento interno do equipo, axúdanos a camiñar con maior consciencia

Un proxecto con valores

Acreditamos nos valores da economía social e solidaria como camiño para rexenerar o tecido produtivo e as relacións laborais, económicas e comunitarias. Formamos parte das redes da ES no territorio. No 2025 fomos recoñecidas cos Premios ao Cooperativismo da Xunta de Galicia, na categoría de Valores Cooperativos. Podes consultar aquí a nosa memoria, e aquí a documentación complementaria que presentamos.

Móvennos:

  • O compromiso e a visión crítica
    Co territorio, as persoas, a fórmula cooperativa e os dereitos laborais
  • A escoita e o diálogo
    Coas nosas clientas, nos grupos cos que traballamos e na gobernanza do noso equipo
  • A diversidade
    Acollendo a diversidade interna e traballando con persoas de todos os ámbitos e idades

  • A sustentabilidade e os coidados
    Para nós e para o planeta, nun proxecto viable que fixe traballo aquí, coas persoas e a vida no centro

  • A transparencia
    Compartindo información dentro da organización, coas clientas e para o mundo

  • A innovación
    Avaliación e aprendizaxe continua, preguntándonos como mellorar a dimensión interna, así como na ideación dos proxectos