Enraizadas

Ano
2021

Categoria
Xénero e identidade

Clienta
Euroeume

Enraizadas é un proxecto de sensibilización en materia de xénero desenvolvido para Euroeume en colaboración coa produtora Illa Bufarda. Está financiado pola área de igualdade da Deputación da Coruña. Consta de nove vídeos con entrevistas a mulleres de seis concellos das comarcas do Eume e Ortegal vinculadas co sector primario, nos que se visibiliza o seu traballo e achegas á sociedade desde unha perspectiva ecofeminista e de soberanía alimentar. Os vídeos foron presentados nun acto público celebrado en novembro de 2021 no Auditorio das Pontes. Os vídeos poden verse aquí.

Desenvolvemos tarefas de coordinación, produción, guión e dinamización do acto de presentación.