Presentación
A facilitación é o conxunto de habilidades, técnicas e ferramentas para crear as condicións que permitan un desenvolvemento satisfactorio dos procesos grupais e persoais. Nun grupo non só temos reunións e tomas de decisións senón que hai outros espazos de participación igualmente importantes: a creatividade, a cohesión grupal, o espazo emocional do grupo e de resolución de conflitos. Cada un deles require de habilidades e técnicas diferentes para ser xestionado, asegurar o bo funcionamento do grupo e que a diversidade inherente a calquera grupo sume en vez de restar.
Dirixido a educadoras/es, facilitadoras/es, mediadoras/es, emprendedoras/es sociais, xestoras/es, activistas sociais, animadores/as socioculturais, participantes de organizacións interesadas en mellorar o seu funcionamento grupal ou en como facilitar cambios positivos e satisfactorios nas súas organizacións, grupos ou comunidades, dunha forma participativa, innovadora e que potencie a diversidade.
Equipo docente
César Fernández Pérez | Coordinador
IIFAC-E Licenciado en Ciencias do Mar (UDV).
Coordinador do curso anual de Facilitación e Xestión de grupos nas catro convocatorias anteriores (2012- 2015). Deseña e desenvolve programas de participación sobre a xestión de recursos naturais e mariños (Maldivas, Galicia, Menorca, etc…). Experto en facilitación e procesos de grupo, realizou cursos de longa duración sobre afacilitación, a resolución de conflitos e múltiples seminarios. Imparte formación e obradoiros sobre estes temas e acompaña a diversos grupos, organizacións e colectivos no desenvolvemento da súa visión, a súa estrutura organizativa, a xestión dos momentos difíciles e as tomas de decisións.
Concepción Piñeiro
IIFAC-E. Altekio Soc.
É doutora en Comunicación Ambiental, licenciada en CC. Ambientais (UAM, 2001) e experta en consumo responsable con enfoque de xénero. Dende 2002 vense formando de xeito continuado en facilitación de procesos de grupo. Desenvolveu numerosos cursos, procesos participativos, obradoiros como formadora e facilitadora de procesos. Participa en colectivos sociais dende hai máis de 15 anos.
Anna Pujol Villarroya
IIFAC-E
Licenciada en Ciencias Ambientais pola Universitat Autònoma de Barcelona en 2005. A través da porta da educación ambiental, adéntrase en colectivos situados nas marxes da sociedade (especialmente mozos en risco, mulleres e saúde mental) e isto permítelle descubrir a súa pasión polo potencial das persoas e dos grupos. Dende o 2004 adícase a acompañar procesos grupais e individuais (en especial a xestións dos conflitos) e a impartir formación en temas de facilitación. Está a cursar a Diplomatura de Traballo de Procesos co Instituto de Traballo de Procesos e Democracia Profunda e conThink Tank Internacional Deep Democracy Institute (DDI).
Inscricións
Formación aprazada ata novo aviso.
Se estás interesada/o neste curso ponte en contacto con nós, manterémoste ao tanto das novidades.
881 953 791 – 698 157 414
info@rexenerando.com
Información útil
Datas
Por confirmar
Horario:
Venres: 16 a 20 h
Sábados: 10 a 14h e de 16 a 19h
Domingos: 10 a 14 h
Enderezo:
Por confirmar
Prezo e pagamento
Curso completo
795 €
Módulos independentes:
110 € (só se restan prazan vacantes)
Prazos de pagamento para o curso completo:
1º prazo | 300 €
(no momento da apertura do prazo de matrícula).
2º prazo | 250 €
3º prazo | 245 €