Ei ti, sé ti!, nova formación en facilitación
Continuamos coa oferta formativa, neste caso a través do obradoiro de traballo persoal para a transformación social Ei ti, sé ti! Celebrarase na fin de semana do 1 ao 3 de febreiro de 2019 en Compostela da man de Anna Pujol e César Fernández, do Instituto de Traballo de Procesos de Barcelona.
Trátase dun espazo vivencial no que facilitar que as persoas participantes amplien a súa consciencia sobre a propia identidade. Identificar e experimentar máis profundamente iso que nos fai ser nós mesmas permítenos sentirnos máis libres e achegar máis valor ás nosas vidas, aos nosos proxectos e ao mundo. Isto que non é doado no contexto social no que vivimos, é ademais, dalgún xeito, unha responsabilidade para a construción de sociedades máis xustas.
O obradoiro está destinado a educadoras/es, facilitadoras/es, mediadoras/es, activistas sociais, animadores/as socioculturais e, en xeral, a calquera persoa interesada na transformación social.
Datas:
do 1 ao 3 de febreiro de 2019
Horarios:
venres: de 16h a 20h
sábado: de 10h a 14h e de 16 a 19h
domingo: de 10h a 14h.
Lugar:
Compostela
Prezo:
195€
Data límite inscricións:
29 de xaneiro de 2019
Inscricións:
https://goo.gl/forms/
Máis información en:
info@rexenerando.com
ou os teléfonos:
881 953 791
698 157 414.